O venres 7 de xuño estaremos no Festival Millo Verde que se celebrará en Redondela dende o 6 ao 8 de xuño de 2013.
O taller se impartira as 20.00 h na Alameda de Redondela.
Este taller, que calquera persoa pode realizar, da a coñecer os elementos esenciais que caracterizan o baile africano. Aprenderanse movementos básicos das danzas africanas tradicionais, e aplicarémolos a diferentes ritmos. E un traballo de grupo, liberador e divertido que nos achegará a esta cultura musical estendida por todo o mundo.
O son dos tambores trasládanos a un mundo ancestral e máxico, e debido a súa estreita conexión ca natureza, conéctanos co noso ser máis primitivo. O segredo dos ritmos africanos reside na súa importancia social; conseguen que os homes e mulleres participen, que se movan e que se acerquen uns ós outros.
Ao final do taller, as alumnas da Escola Mesturas Danza, dirixida por CRISTINA MALVÁREZ, realizarán unha pequena mostra do que aprenderon durante estes meses de clases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario